lunes, 9 de noviembre de 2015

Dominio africano en Negreira



09/11/2015. Os corredores de orixe africano volveron ser os grandes dominadores da 36ª Carreira Popular de Negreira, cuns tempos estratosféricos ante o que nada pudieron facer os atletas autóctonos como o ourensán Alejandro Fernández, ca xunto a Hassan Lekhili, corredor marroquí afincado en Ourense, foron sexto e quinto, respeitivamente, entrando no mesmo tempo con 31:04, a máis de dous minutos do gran vencedor, o keniata Miche Bett, un promesa cun rexistro final de 29 minutos en cubrir os 10.000 metros do novo circuito da Popular de Negreira.
Segundo foi Jaouad Tougane, senior do Club Atletismo Castellón, e que entrou a 27 segundos do gañador, despois de que ambos liderasen a proba xuntos ata a metade do percorrido, onde Bett foise en solitario para cómodamente repetir outra volta máis. O terceiro foi outro africano, Abdelhadi Elmouaziz, de Nerja, da categoría de veteranos de máis de 35 anos.
Cuarto foi Youness Ait Hadi, chegado dende Madrid, que entrou a 1 minutos e 26 segundos do gañador e, tras Hassan Lekhili e Alejandro Fernández, sétimo foi o portugués Nuno Filipe Ribeiro, do Club Deportivo San Paio, de Amarante, con 31:52. O sonense Rubén Caamaño, do Atletismo Sar foi oitavo con 32.49 seguido do primeiro atleta de Negreira, Luis Calvo Castro, noveno, que fixo 33:03. Youssef Kouaou foi décimo terceiro con 34:06 e Jorge Crespo na súa preparación para a 35º Maratón de Valencia, este domingo, entrou no posto trinta e oito, cun tempo de 36:17.
En mulleres, a loita foi espectacular entre a keniata Vitalyne Jemaiyo Kibii (34:15), primeira feminina, e a portuguesa Claudia Pereira, segunda, que foron  15ª e 16ª, respeitivamente na xeral absoluta. Terceira foi a venezolana Joselyn Daniely Brea, da Ximnástica de Pontevedra, con 35:25. Cuarta foi Tewabech Yemenu, de Etiopia, e na quinta posición, a olímpica portuguesa, Clarisse Cruz con 36:31.
Na clasificación por equipos, o Atletismo Sar non tivo rival, situando a seis dos seus atletas entgre os trinta mellores. En total fixo 271 puntos, seguido do Club Atletismo Arenteiro (524 puntos), e terceiro foi Milladoiro, con 802 puntos. Santiago, Noitebra, Sada, Boimorto e Millarraio, compretaron a clasificación final por equipos.

Na 2ª Carreira (Infantís - Cadetes e Xuvenís), na categoría xuvenil o noiés Pablo Monteagudo acadou o triunfo, xunto co seu compañeiro Adrián Vázquez Calo. Terceiro foi Carlos Valiña Lista. En mulleres, gañou Lucia Suárez Crespo, de A Baña, seguida de Claudia Blanco Olivares e Paula Calvín Uriz. En locais masculino: Azziz Saidi Belhaj; Mohamed Habti e Simón Cascallar. En locais feminino: Laura Barbosa Faro; Corinne Alsina Forján e Dalia González Salas.

En Cadetes. Javier Rodríguez, Samuel Barral e Xesús Martiño Iglesias, en masculino. En feminino foron: Antía González Vilas, Mariña Monteagudo e Daniela Eiras León. En locais masculino: Javier López Torreiro; Raúl García Gerpe e Álex Parajó Caamaño. En feminina: Violeta Pérez Barbazán; Reyes Freire Gil e Sata Nieto Ferreiro.

En Infantís. Daniel Mato González, Pablo Díaz Oíza e Antonio Luaces Paz, foron os tres primeiros masculinos. En categoría feminina: Deki Mato Gómez; Irea Ferreiro López e Natalia Alonso Arufe, coparon o pódium. En locais masculino: Fabián Alvite Martínez; Diego Viqueira Barca e Iván Moya Rey. En feminino: Alba Cuns Iglesias; Inés Túñez Ferrín e Sabha Saidi Belhaj.