09/11/2015. Os corredores de orixe africano volveron ser os
grandes dominadores da 36ª Carreira Popular de Negreira, cuns tempos
estratosféricos ante o que nada pudieron facer os atletas autóctonos como o
ourensán Alejandro Fernández, ca xunto a Hassan Lekhili, corredor marroquí
afincado en Ourense, foron sexto e quinto, respeitivamente, entrando no mesmo
tempo con 31:04, a máis de dous minutos do gran vencedor, o keniata Miche Bett,
un promesa cun rexistro final de 29 minutos en cubrir os 10.000 metros do novo
circuito da Popular de Negreira.
Segundo foi Jaouad Tougane, senior do Club Atletismo
Castellón, e que entrou a 27 segundos do gañador, despois de que ambos
liderasen a proba xuntos ata a metade do percorrido, onde Bett foise en
solitario para cómodamente repetir outra volta máis. O terceiro foi outro
africano, Abdelhadi Elmouaziz, de Nerja, da categoría de veteranos de máis de
35 anos.
Cuarto foi Youness Ait Hadi, chegado dende Madrid, que entrou
a 1 minutos e 26 segundos do gañador e, tras Hassan Lekhili e Alejandro
Fernández, sétimo foi o portugués Nuno Filipe Ribeiro, do Club Deportivo San
Paio, de Amarante, con 31:52. O sonense Rubén Caamaño, do Atletismo Sar foi
oitavo con 32.49 seguido do primeiro atleta de Negreira, Luis Calvo Castro,
noveno, que fixo 33:03. Youssef Kouaou foi décimo terceiro con 34:06 e Jorge
Crespo na súa preparación para a 35º Maratón de Valencia, este domingo, entrou
no posto trinta e oito, cun tempo de 36:17.
En mulleres, a loita foi espectacular entre a keniata
Vitalyne Jemaiyo Kibii (34:15), primeira feminina, e a portuguesa Claudia
Pereira, segunda, que foron 15ª e 16ª,
respeitivamente na xeral absoluta. Terceira foi a venezolana Joselyn Daniely
Brea, da Ximnástica de Pontevedra, con 35:25. Cuarta foi Tewabech Yemenu, de
Etiopia, e na quinta posición, a olímpica portuguesa, Clarisse Cruz con 36:31.
Na clasificación por equipos, o Atletismo Sar non tivo rival,
situando a seis dos seus atletas entgre os trinta mellores. En total fixo 271
puntos, seguido do Club Atletismo Arenteiro (524 puntos), e terceiro foi
Milladoiro, con 802 puntos. Santiago, Noitebra, Sada, Boimorto e Millarraio,
compretaron a clasificación final por equipos.
Na 2ª Carreira (Infantís - Cadetes e Xuvenís), na categoría
xuvenil o noiés Pablo Monteagudo acadou o triunfo, xunto co seu compañeiro
Adrián Vázquez Calo. Terceiro foi Carlos Valiña Lista. En mulleres, gañou Lucia
Suárez Crespo, de A Baña, seguida de Claudia Blanco Olivares e Paula Calvín
Uriz. En locais masculino: Azziz Saidi Belhaj; Mohamed Habti e Simón Cascallar.
En locais feminino: Laura Barbosa Faro; Corinne Alsina Forján e Dalia González
Salas.
En Cadetes. Javier Rodríguez, Samuel Barral e Xesús Martiño
Iglesias, en masculino. En feminino foron: Antía González Vilas, Mariña
Monteagudo e Daniela Eiras León. En locais masculino: Javier López Torreiro;
Raúl García Gerpe e Álex Parajó Caamaño. En feminina: Violeta Pérez Barbazán;
Reyes Freire Gil e Sata Nieto Ferreiro.
En Infantís. Daniel Mato González, Pablo Díaz Oíza e Antonio
Luaces Paz, foron os tres primeiros masculinos. En categoría feminina: Deki
Mato Gómez; Irea Ferreiro López e Natalia Alonso Arufe, coparon o pódium. En
locais masculino: Fabián Alvite Martínez; Diego Viqueira Barca e Iván Moya Rey.
En feminino: Alba Cuns Iglesias; Inés Túñez Ferrín e Sabha Saidi Belhaj.